lunes, 5 de junio de 2017

ULTRASONS


Na Primera Guerra Mundial, ante a ameaza submarina alemá, Gran Bretaña desenvolveu artefacto chamado hidrófono, que constaba dun micrófono sumerxido que captaba o son da turbulencia causada polos submarinos e permitía determinar a súa posición.


En 1918, os estadounidenses desenvolveron O Sonar (Sound Navigation and Ranging), o cal envía frecuencias que superan a capacidade de audición humana: os ultrasons. Baixo o mesmo principio, na década de 1950, o médico escocés Ian Donald descubriu que o feto humano podíase estudar por medio de impulsos ultrasónicos que atravesaban a parede abdominal da nai.

Actualmente, tamén se emprega para obter imaxes do corazón, fígado, riles, vesícula, senos, ollos e vasos sanguíneos, por ser rápido, económico e menos dañino para os texidos humanos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario