Os gases empregados ían dende o gas lacrimóxemo, a axentes incapacitantes como podería ser o gas mostaza e agentes letais como el fósxeno. A diferenza do que a xente cree a capacidade letal dos gases era limitada, só un 3% dos mortos en combate foi debido ao gas. Polo contrario, o número de baixas non letais polo gas foi bastante elevado. O motivo polo cal o número de baixas letais foi baixo é porque os exércitos crearon elementos de protección persoal para os soldados, que lles protexían bastante dos gases velenosos.
O primeiro gas empregado foi en forma de irritante lacrimóxeno. Os franceses foron os primeiros en empregar o gas lacrimóxeno. Os seguientes foron os alemáns que esparcían o gas en obuses de fragmentación.
No segundo ano de guerra o uso deste tipo de arma foi a gran escala e con gases xa letais.O primeiro gas letal que se empregou foi o cloro, utilizado por primeira vez polos alemáns.
Ao longo de 1915 cambiouse o uso do cloro para o fósxeno. Era un axente moi potente e máis mortífero ca o cloro. Os primeiros que utilizaron este tipo de gas foron os franceses baixo a dirección do químico Victor Grignard.
No penúltimo ano de guerra empezouse a empregar o gas mostaza.Este tipo de gas non pretendía ser un gas letal, aínda que en altas dosis si o era, senón que se creou para incapacitar aos soldados e contaminar o campo de batalla. Este gas era lanzado por medio de proxectiles de artillaría.
Cando se empezou a utilizar o gas, os exércitos empezaron a fabricar contramedidas cada vez máis sofisticadas. O dispositivo por excelencia para mitigar o efecto dos gases velenosos foron as máscaras antigás.O siguiente avance foi o casco antigás, era básicamente unha bolsa na cabeza que cubría a cara dos soldados.
| Nación | Baixas estimadas polo gas (1914-1918) | |
| Letais | Non Letais | |
| Alemaña | 10.000 | 190.000 |
| EEUU | 1.500 | 71.500 |
| Francia | 8.000 | 182.000 |
| Italia | 4.500 | 55.000 |
| Imperio austrohúngaro | 3.000 | 97.000 |
| Reino Unido | 8.000 | 181.000 |
| Rusia | 50.000 | 400.000 |
| Total | 85.000 | 1.176.500 |
https://secindef.org/la-guerra-quimica-en-la-primera-guerra-mundial-1914-1918/
No hay comentarios:
Publicar un comentario