lunes, 5 de junio de 2017

INTRODUCIÓN Á PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL



A Gran Guerra foi un conflito que se produciu entre os anos 1914 e 1918, este enfrontamento
deixou ao seu paso un gran número de mortos, destrución e catástrofes pero con ela tamén apareceron avances tecnolóxicos e médicos que se podían considerar prexudiciais ou beneficiarios dependendo se coa súa aparición facían que continuase a guerra ou se cubrían unha necesidade que axudase a combater desastres que provocou, como as deformacións humanas, perda de membros do corpo…




                                                                                                                             

VACINAS



A Primeira Guerra Mundial é un punto clave na transición cara a medicina científica debido a que foi  o momento no que se incorporaron os descubrimentos de Louis Pasteur á práctica médica para controlar as enfermidades infeciosas. Algo complicado de lograr na era previa aos antibióticos.

A vacinación contra a febre tifoidea foi un gran éxito médico na Primeira Guerra Mundial. A taxa de febre tifoidea na armada británica disminuiu de 285 casos por 1000 soldados en 1899-1902 a menos de 1 caso por 1000 entre 1914-1918. Nese momento a vacina causaba reaccións adversas pero os beneficios superaban os riscos; sen embargo, non se fixo obrigatoria a aplicación da vacina
O tétano presentaba unha taxa de 8,6 infecciones por 1000 soldados en 1914, o que fixo que a armada británica invertira na investigación. Para esa data, dispoñíase da toxina antitetánica en soro de cabalo.
Un comité de investigación redactou as medidas dentro dun programa que incluía a aplicación da toxina antitetánica aos feridos, que para moitos foi un éxito, xa que a mortalidade baixou do 87% ao 34%,



A malaria foi tratada con quinina. Aínda que era moi dolorosa a inxección e producía efectos tóxicos, a aplicaban nos campos militares. A tuberculosis non foi un problema militar durante a guerra, a pesar de que casi todos os soldados e a poboación en xeral eran portadores asintomáticos do bacilo, mentres que sí o foi para a poboación  civil; probablemente debido á desnutrición. Sen embargo, a enfermidade aumentou considerablemente na armada despois da guerra.




FONTES DE INFORMACIÓN:



BANCOS DE SANGUE


As transfusións de sangue da época estaban lonxe de ser unha garantía de éxito, e tiñan que facerse en quente, pero sistemas como este supuxeron un avance excepcional na medicina de campaña.

O exército británico iniciou a práctica de empregar transfusións de sangue  para tratar a soldados feridos. Esta se transfería directamente dunha persoa a outra. Pero foi un doutor do exército estadounidense, capitán Oswald Robertson, quen se decatou da necesidade de almacenar o sangue antes de que chegaran as baixas.
Robertson foi o primeiro en abrir un banco de sangue no fronte occidental europeo, en 1917. Empregou citrato de sodio para intentar evitar a coagulación.
O sangre gardábase durante 28 días e entón se transportaba ás estacións de despachos de feridos onde axudaban aos cirurxiáns a salvar vidas.

Entre 1914 y 1918, os países industrializados máis poderosos do mundo se enfrontaron no campo de batalla. Se estima que 26 millóns de soldados caeron en combate.Os equipos médicos que loitaban para salvar vidas foron postos baixo unha incrible presión.
Pero a guerra era a nai das invencións, e o área da medicina non foi unha excepción. Na
Gran Guerra desenvolvéronse  unha serie de innovacións que serviron para salvar vidas, non únicamente neste conflito, senón nos que seguirían.


FONTES DE INFORMACIÓN: 




CIRURXÍA



As esquirlas metálicas que expulsaban as bombas ao explotar constituíron a maior causa de mortes no campo de batalla durante a Primera Guerra Mundial. Esta metralla causaba tamén grandes feridas faciais aos soldados. Este tipo de feridas podían arrancarlle a cara a un combatente, a diferencia dun balazo, que podía causar unha ferida "limpa". Ademáis, este tipo de feridas agravábanse polo feito de que as esquirlas de metal arrastraban consigo anacos de vestidura e suciedade que acababan tamén no seu interior.

cirugia.jpg

Os médicos contribuían a que os soldados regresaran antes ao frente pero a atención urxente de tan graves feridas supuxo un novo reto. Harold Gillies foi o médico encargado polo exército británico para reparar os rostros desfigurados de moitos soldados. Estudou medicina na Universidade de  Cambridge e vinculouse  posteriormente ao corpo médico do exército británico ao inicio da Primera Guerra Mundial.
Harold Gillies solicitou ao exército británico que lle proporcionara  unha unidade propia de cirurxía plástica. Ao cabo dun tempo se instalouse no hospital de Sidcup, en Londres, onde atendeu nos seus inicios a máis de 2.000 pacientes con mutilacións faciais moi diversas.
hukj.jpg



Henry Souttar, un distinguido cirurxián , describiu a situación que atopou  cuando instalaba o seu hospital nun pobo de Bélxica.
"Non tiñamos escalpelo, tampouco hemostato nin sutura. Algúns doutores belgas que estiveron traballando alí  prestaronos una pequena caixa de instrumentos elementais, e iso foi absolutamente todo o que tiñamos".


"En catro días ingresaron 350 pacientes, todos con feridas de natureza terrible. Os brazos e as pernas estaban desgarradas ou colgando de tiras, horribles feridas na cabeza deixaban exposto o cerebro. Durante cuatro días e catro noites o quirófano estivo funcionando sen parar, ata que un enfermaba con sólo ver sangue".”Se ben os cirurxiáns nos hospitais militares podían esperar traballar en mellores condicións que as descritas nos hospitais voluntarios como os de Souttar, eles se mantiveron significativamente baixos de recursos.”

FONTES DE INFORMACIÓN:




A MÁQUINA DE RAIOS X PORTÁTIL



A máquina de raios x levou unha longa traxectoria dende a súa invención en Alemaña en 1895. Despóis deste feito,estas máquinas foron postas rápidamente en mans dun físico francés gañador do Premio Nobel, Marie Curie. Este home empregou os seus cartos para poñer as máquinas de raios x nas ambulancias que se empregaban na Primeira Guerra Mundial.

As unidades de radioloxía móvil  bautizadas polos soldados franceses como “petites Curies” (pequeños Curies), consistían en vehículos que levaban un aparello de raios X na súa  parte frontal e unha dínamo que, accionada polo  motor del coche, producía a corrente necesaria. Para levar a cabo a súa construción convenceu a diversos talleres de carrocería de automóviles para que transformasen coches e furgonetas. Conseguiron equipar vinte  unidades móviles, a primeira das  cales foi  un camión Renault que entrou  en servicio a finales de 1914. A parte de estas unidades móviles tamén  se construiron douscentos equipos fixos en salas de radioloxía. Se estima que durante a guerra empregouse a técnica radiolóxica para atender a máis dun millón de persoas.

Estes artefactos empregáronse para examinar os ósos dos soldados e as áreas que os rodeaban coa finalidade de determinar se se rompe un oso, xa sexa unha rotura que está sanando correctamente, a descuberta da acumulación de líquido ao arredor das articulacións ou a ubicación de obxectos estraños no corpo.












CARRO AMBULACIA




Durante a Primeira Guerra Mundial, a Cruz Vermella levou a cabo as primeiras labores de auxilio nos campos de batalla con ambulancias motorizadas en lugar de tiradas por cabalos, co seu conseguinte éxito. Isto levou á progresiva eliminación das ambulancias tiradas por cabalos. Na atención de emerxencia civil, os servizos da ambulancia a miúdo se xestionaban ou se enviaban dende distintos hospitais, aínda que nalgunhas zonas, o telégrafo e o teléfono permitían aos departamentos de policía manexar o envío de ambulancias.
O equipamento a cargo da ambulancia cambiaba rápidamente neses momentos. Se introduciron tablillas durante a Primeira Guerra Mundial, tendo un efecto positivo sobre a mobilidade e a mortalidade dos pacientes con fracturas de perna.
 carro-ambulancia1.jpg



 Pouco a pouco foron desenvolvendo  ambulancias que podían trasladar os feridos en camillas. Ata  chegar a ambulancias que servía tamén de improvisado quirófano, donada por Wounded Allies Relief Committee (Comité de auxilio aos feridos aliados) e que circulou baixo os auspicios da Cruz Vermella.
 

FONTES DE INFORMACIÓN:













LÁMPADAS MÉDICAS


No inverno que marcaba o remate da Gran Guerra, e dicir, o de 1918 se estimaba que a metade dos rapaces de Berlín sufrían unha enfermidade denominada raquitismo que produce que os osos se fagan moi brandos e rematen por deformarse. O doutor Kurt Huldschinsky foi o que conseguiu unha solución para esta enfermidade sometendo a catro dos seus pacientes infantís a lámpadas de cuarzo e mercurio que emitían luz ultravioleta para ver se así podía diminuir un pouco a palidez que estes sufrían. Co paso do tempo o doutor Huldschinsky notou que os osos dos seus pacientes comezaban a facerse máis fortes grazas á luz que emitían esas lámpadas e á luz solar que lles facía captar durante o verán.


                                                                                         

Pouco a pouco a súa práctica comezou a levarse a cabo con moitos máis nenos en toda Alemaña ata que á fin emitiuse unha teoría que explicaba que a vitamina D é fundamental para o desenvolvemento do oso con calcio, vitamina a cal produce a enerxía solar e a que estimula a radiación ultravioleta.

FONTES DE INFORMACIÓN: