lunes, 5 de junio de 2017

AVIACIÓN


Ata entón, os exércitos só se enfrentaran no mar e na terra, pero agora, por primeira vez na Historia, o aire convertiríase tamén nun campo de batalla.
Cando estalou o conflito en 1914, o avión  apenas tiña dez anos de idade. Ao comezo, empregouse para simples labores de recoñecemento dende a seguridade das alturas, pero iría evolucionando e perfeccionándose ao longo da guerra, converténdose pouco a pouco nunha máquina para matar. Naceu un novo tipo de guerra: a guerra aérea.

Cando a Primera Guerra Mundial estalou en 1914, as aviacións  militares das nacións combatentes aínda non eran moi eficaces: non se contaba con demasiadas aeronaves, os seus pilotos non tiñan moita experiencia, e non contaban con armamento. Os seus motores só tiñan capacidade para levar ao piloto, e non moito máis peso adicional.
Por tanto, a aviación non era máis ca un servizo auxiliar dos exércitos, aos que provía de recoñecemento aéreo. Estes avións realizaban principalmente labores de observación, recollendo información e marcando obxectivos para a artillería.  Na Batalla de Marne (1914), a aviación aliada descubriu un punto débil nas líñas alemás, o cal sería aproveitado polas tropas de terra aliadas, permitíndolles así gañar a batalla e deter o avance dos alemáns. Eles tamén usarían o recoñecemento aéreo con excelentes resultados, cando na Batalla de Tannenberg(1914) un avión descubriu un inesperado ataque ruso, o cal puido ser contrarrestado grazas a esta información.

avion.jpg

Os dirixibles loitaron por non ser substituídos polos avións, e efectuaron tamén os seus propios voos de recoñecemento. Pero  os avións eran pequenos e rápidos, e os dirixibles eran grandes e lentos, o cal lles facía moi vulnerables ao lume de terra inimigo. O avión non tardou en desbancar aos dirixibles como a unidade de recoñecemento aéreo principal.

As vantaxes do recoñecemento aéreo eran evidentes, o problema era que o inimigo tamén o sabía, polo que non se atopou outra alternativa máis ca intentar derribar as aeronaves do inimigo. Buscáronse métodos para mellorar a capacidade combativa dos avións. Os enxeñeiros perfeccionaron os aparellos, permitindo levar a bordo unha persoa adicional, que se encargaría de disparar mentres o piloto concentrábase en dirixir o avión. Pouco despois, puxeron unha ametralladora fixa ao avión.

As aeronaves non só se usarían para labores de recoñecemento, ou para impedir que o bando contrario efectuase o seu propio recoñecemento. Tamén se usarían para atacar obxectivos en terra, localizados tras as liñas inimigas, alí onde os soldados non podían chegar.. Para iso, os enxeñeiros dotaron aos avións  con bombas e explosivos, que deixarían caer sobre as súas víctimas. Nacían así as misións de bombardeo.




aviador.jpg

FONTES DE INFORMACIÓN:

No hay comentarios:

Publicar un comentario