lunes, 5 de junio de 2017

INTRODUCIÓN Á PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL



A Gran Guerra foi un conflito que se produciu entre os anos 1914 e 1918, este enfrontamento
deixou ao seu paso un gran número de mortos, destrución e catástrofes pero con ela tamén apareceron avances tecnolóxicos e médicos que se podían considerar prexudiciais ou beneficiarios dependendo se coa súa aparición facían que continuase a guerra ou se cubrían unha necesidade que axudase a combater desastres que provocou, como as deformacións humanas, perda de membros do corpo…




                                                                                                                             

VACINAS



A Primeira Guerra Mundial é un punto clave na transición cara a medicina científica debido a que foi  o momento no que se incorporaron os descubrimentos de Louis Pasteur á práctica médica para controlar as enfermidades infeciosas. Algo complicado de lograr na era previa aos antibióticos.

A vacinación contra a febre tifoidea foi un gran éxito médico na Primeira Guerra Mundial. A taxa de febre tifoidea na armada británica disminuiu de 285 casos por 1000 soldados en 1899-1902 a menos de 1 caso por 1000 entre 1914-1918. Nese momento a vacina causaba reaccións adversas pero os beneficios superaban os riscos; sen embargo, non se fixo obrigatoria a aplicación da vacina
O tétano presentaba unha taxa de 8,6 infecciones por 1000 soldados en 1914, o que fixo que a armada británica invertira na investigación. Para esa data, dispoñíase da toxina antitetánica en soro de cabalo.
Un comité de investigación redactou as medidas dentro dun programa que incluía a aplicación da toxina antitetánica aos feridos, que para moitos foi un éxito, xa que a mortalidade baixou do 87% ao 34%,



A malaria foi tratada con quinina. Aínda que era moi dolorosa a inxección e producía efectos tóxicos, a aplicaban nos campos militares. A tuberculosis non foi un problema militar durante a guerra, a pesar de que casi todos os soldados e a poboación en xeral eran portadores asintomáticos do bacilo, mentres que sí o foi para a poboación  civil; probablemente debido á desnutrición. Sen embargo, a enfermidade aumentou considerablemente na armada despois da guerra.




FONTES DE INFORMACIÓN:



BANCOS DE SANGUE


As transfusións de sangue da época estaban lonxe de ser unha garantía de éxito, e tiñan que facerse en quente, pero sistemas como este supuxeron un avance excepcional na medicina de campaña.

O exército británico iniciou a práctica de empregar transfusións de sangue  para tratar a soldados feridos. Esta se transfería directamente dunha persoa a outra. Pero foi un doutor do exército estadounidense, capitán Oswald Robertson, quen se decatou da necesidade de almacenar o sangue antes de que chegaran as baixas.
Robertson foi o primeiro en abrir un banco de sangue no fronte occidental europeo, en 1917. Empregou citrato de sodio para intentar evitar a coagulación.
O sangre gardábase durante 28 días e entón se transportaba ás estacións de despachos de feridos onde axudaban aos cirurxiáns a salvar vidas.

Entre 1914 y 1918, os países industrializados máis poderosos do mundo se enfrontaron no campo de batalla. Se estima que 26 millóns de soldados caeron en combate.Os equipos médicos que loitaban para salvar vidas foron postos baixo unha incrible presión.
Pero a guerra era a nai das invencións, e o área da medicina non foi unha excepción. Na
Gran Guerra desenvolvéronse  unha serie de innovacións que serviron para salvar vidas, non únicamente neste conflito, senón nos que seguirían.


FONTES DE INFORMACIÓN: 




CIRURXÍA



As esquirlas metálicas que expulsaban as bombas ao explotar constituíron a maior causa de mortes no campo de batalla durante a Primera Guerra Mundial. Esta metralla causaba tamén grandes feridas faciais aos soldados. Este tipo de feridas podían arrancarlle a cara a un combatente, a diferencia dun balazo, que podía causar unha ferida "limpa". Ademáis, este tipo de feridas agravábanse polo feito de que as esquirlas de metal arrastraban consigo anacos de vestidura e suciedade que acababan tamén no seu interior.

cirugia.jpg

Os médicos contribuían a que os soldados regresaran antes ao frente pero a atención urxente de tan graves feridas supuxo un novo reto. Harold Gillies foi o médico encargado polo exército británico para reparar os rostros desfigurados de moitos soldados. Estudou medicina na Universidade de  Cambridge e vinculouse  posteriormente ao corpo médico do exército británico ao inicio da Primera Guerra Mundial.
Harold Gillies solicitou ao exército británico que lle proporcionara  unha unidade propia de cirurxía plástica. Ao cabo dun tempo se instalouse no hospital de Sidcup, en Londres, onde atendeu nos seus inicios a máis de 2.000 pacientes con mutilacións faciais moi diversas.
hukj.jpg



Henry Souttar, un distinguido cirurxián , describiu a situación que atopou  cuando instalaba o seu hospital nun pobo de Bélxica.
"Non tiñamos escalpelo, tampouco hemostato nin sutura. Algúns doutores belgas que estiveron traballando alí  prestaronos una pequena caixa de instrumentos elementais, e iso foi absolutamente todo o que tiñamos".


"En catro días ingresaron 350 pacientes, todos con feridas de natureza terrible. Os brazos e as pernas estaban desgarradas ou colgando de tiras, horribles feridas na cabeza deixaban exposto o cerebro. Durante cuatro días e catro noites o quirófano estivo funcionando sen parar, ata que un enfermaba con sólo ver sangue".”Se ben os cirurxiáns nos hospitais militares podían esperar traballar en mellores condicións que as descritas nos hospitais voluntarios como os de Souttar, eles se mantiveron significativamente baixos de recursos.”

FONTES DE INFORMACIÓN:




A MÁQUINA DE RAIOS X PORTÁTIL



A máquina de raios x levou unha longa traxectoria dende a súa invención en Alemaña en 1895. Despóis deste feito,estas máquinas foron postas rápidamente en mans dun físico francés gañador do Premio Nobel, Marie Curie. Este home empregou os seus cartos para poñer as máquinas de raios x nas ambulancias que se empregaban na Primeira Guerra Mundial.

As unidades de radioloxía móvil  bautizadas polos soldados franceses como “petites Curies” (pequeños Curies), consistían en vehículos que levaban un aparello de raios X na súa  parte frontal e unha dínamo que, accionada polo  motor del coche, producía a corrente necesaria. Para levar a cabo a súa construción convenceu a diversos talleres de carrocería de automóviles para que transformasen coches e furgonetas. Conseguiron equipar vinte  unidades móviles, a primeira das  cales foi  un camión Renault que entrou  en servicio a finales de 1914. A parte de estas unidades móviles tamén  se construiron douscentos equipos fixos en salas de radioloxía. Se estima que durante a guerra empregouse a técnica radiolóxica para atender a máis dun millón de persoas.

Estes artefactos empregáronse para examinar os ósos dos soldados e as áreas que os rodeaban coa finalidade de determinar se se rompe un oso, xa sexa unha rotura que está sanando correctamente, a descuberta da acumulación de líquido ao arredor das articulacións ou a ubicación de obxectos estraños no corpo.












CARRO AMBULACIA




Durante a Primeira Guerra Mundial, a Cruz Vermella levou a cabo as primeiras labores de auxilio nos campos de batalla con ambulancias motorizadas en lugar de tiradas por cabalos, co seu conseguinte éxito. Isto levou á progresiva eliminación das ambulancias tiradas por cabalos. Na atención de emerxencia civil, os servizos da ambulancia a miúdo se xestionaban ou se enviaban dende distintos hospitais, aínda que nalgunhas zonas, o telégrafo e o teléfono permitían aos departamentos de policía manexar o envío de ambulancias.
O equipamento a cargo da ambulancia cambiaba rápidamente neses momentos. Se introduciron tablillas durante a Primeira Guerra Mundial, tendo un efecto positivo sobre a mobilidade e a mortalidade dos pacientes con fracturas de perna.
 carro-ambulancia1.jpg



 Pouco a pouco foron desenvolvendo  ambulancias que podían trasladar os feridos en camillas. Ata  chegar a ambulancias que servía tamén de improvisado quirófano, donada por Wounded Allies Relief Committee (Comité de auxilio aos feridos aliados) e que circulou baixo os auspicios da Cruz Vermella.
 

FONTES DE INFORMACIÓN:













LÁMPADAS MÉDICAS


No inverno que marcaba o remate da Gran Guerra, e dicir, o de 1918 se estimaba que a metade dos rapaces de Berlín sufrían unha enfermidade denominada raquitismo que produce que os osos se fagan moi brandos e rematen por deformarse. O doutor Kurt Huldschinsky foi o que conseguiu unha solución para esta enfermidade sometendo a catro dos seus pacientes infantís a lámpadas de cuarzo e mercurio que emitían luz ultravioleta para ver se así podía diminuir un pouco a palidez que estes sufrían. Co paso do tempo o doutor Huldschinsky notou que os osos dos seus pacientes comezaban a facerse máis fortes grazas á luz que emitían esas lámpadas e á luz solar que lles facía captar durante o verán.


                                                                                         

Pouco a pouco a súa práctica comezou a levarse a cabo con moitos máis nenos en toda Alemaña ata que á fin emitiuse unha teoría que explicaba que a vitamina D é fundamental para o desenvolvemento do oso con calcio, vitamina a cal produce a enerxía solar e a que estimula a radiación ultravioleta.

FONTES DE INFORMACIÓN:













ULTRASONS


Na Primera Guerra Mundial, ante a ameaza submarina alemá, Gran Bretaña desenvolveu artefacto chamado hidrófono, que constaba dun micrófono sumerxido que captaba o son da turbulencia causada polos submarinos e permitía determinar a súa posición.


En 1918, os estadounidenses desenvolveron O Sonar (Sound Navigation and Ranging), o cal envía frecuencias que superan a capacidade de audición humana: os ultrasons. Baixo o mesmo principio, na década de 1950, o médico escocés Ian Donald descubriu que o feto humano podíase estudar por medio de impulsos ultrasónicos que atravesaban a parede abdominal da nai.

Actualmente, tamén se emprega para obter imaxes do corazón, fígado, riles, vesícula, senos, ollos e vasos sanguíneos, por ser rápido, económico e menos dañino para os texidos humanos.



GAS VELENOSO


Os gases empregados ían dende o gas lacrimóxemo, a axentes incapacitantes como podería ser o gas mostaza e agentes letais como el fósxeno. A diferenza do que a xente cree a capacidade letal dos gases era limitada, só un 3% dos mortos en combate foi debido ao gas. Polo contrario, o número de baixas non letais polo gas foi bastante elevado. O motivo polo cal o número de baixas letais foi baixo é porque os exércitos crearon elementos de protección persoal para os soldados, que lles protexían bastante dos gases velenosos.

O primeiro gas empregado foi en forma de irritante lacrimóxeno. Os franceses foron os primeiros en empregar o  gas lacrimóxeno. Os seguientes foron os alemáns que esparcían o gas en obuses de fragmentación.

No segundo ano de guerra o uso deste tipo de arma foi a gran escala e con gases xa letais.O primeiro gas letal que se empregou foi o cloro, utilizado por primeira vez polos alemáns.

Ao longo de 1915 cambiouse o uso do cloro para o fósxeno. Era un axente moi potente e máis mortífero ca o cloro. Os primeiros que utilizaron este tipo de gas foron os franceses baixo a dirección do químico Victor Grignard.

No penúltimo ano de guerra empezouse a empregar o gas mostaza.Este tipo de gas non pretendía ser un gas letal, aínda que  en altas dosis si o era, senón que se creou para incapacitar aos soldados e contaminar o campo de batalla. Este gas era lanzado por medio de proxectiles de artillaría.

Cando se empezou a utilizar o gas, os exércitos empezaron a fabricar contramedidas cada vez máis sofisticadas. O dispositivo por excelencia para mitigar o efecto dos gases velenosos foron as máscaras antigás.O siguiente avance foi o casco antigás, era básicamente unha bolsa na cabeza que cubría a cara dos soldados.


 



NaciónBaixas estimadas polo gas (1914-1918)
LetaisNon Letais
Alemaña10.000190.000
EEUU1.50071.500
Francia8.000182.000
Italia4.50055.000
Imperio austrohúngaro3.00097.000
Reino Unido8.000181.000
Rusia50.000400.000
Total85.0001.176.500

FONTES DE INFORMACIÓN:
https://secindef.org/la-guerra-quimica-en-la-primera-guerra-mundial-1914-1918/

AVIACIÓN


Ata entón, os exércitos só se enfrentaran no mar e na terra, pero agora, por primeira vez na Historia, o aire convertiríase tamén nun campo de batalla.
Cando estalou o conflito en 1914, o avión  apenas tiña dez anos de idade. Ao comezo, empregouse para simples labores de recoñecemento dende a seguridade das alturas, pero iría evolucionando e perfeccionándose ao longo da guerra, converténdose pouco a pouco nunha máquina para matar. Naceu un novo tipo de guerra: a guerra aérea.

Cando a Primera Guerra Mundial estalou en 1914, as aviacións  militares das nacións combatentes aínda non eran moi eficaces: non se contaba con demasiadas aeronaves, os seus pilotos non tiñan moita experiencia, e non contaban con armamento. Os seus motores só tiñan capacidade para levar ao piloto, e non moito máis peso adicional.
Por tanto, a aviación non era máis ca un servizo auxiliar dos exércitos, aos que provía de recoñecemento aéreo. Estes avións realizaban principalmente labores de observación, recollendo información e marcando obxectivos para a artillería.  Na Batalla de Marne (1914), a aviación aliada descubriu un punto débil nas líñas alemás, o cal sería aproveitado polas tropas de terra aliadas, permitíndolles así gañar a batalla e deter o avance dos alemáns. Eles tamén usarían o recoñecemento aéreo con excelentes resultados, cando na Batalla de Tannenberg(1914) un avión descubriu un inesperado ataque ruso, o cal puido ser contrarrestado grazas a esta información.

avion.jpg

Os dirixibles loitaron por non ser substituídos polos avións, e efectuaron tamén os seus propios voos de recoñecemento. Pero  os avións eran pequenos e rápidos, e os dirixibles eran grandes e lentos, o cal lles facía moi vulnerables ao lume de terra inimigo. O avión non tardou en desbancar aos dirixibles como a unidade de recoñecemento aéreo principal.

As vantaxes do recoñecemento aéreo eran evidentes, o problema era que o inimigo tamén o sabía, polo que non se atopou outra alternativa máis ca intentar derribar as aeronaves do inimigo. Buscáronse métodos para mellorar a capacidade combativa dos avións. Os enxeñeiros perfeccionaron os aparellos, permitindo levar a bordo unha persoa adicional, que se encargaría de disparar mentres o piloto concentrábase en dirixir o avión. Pouco despois, puxeron unha ametralladora fixa ao avión.

As aeronaves non só se usarían para labores de recoñecemento, ou para impedir que o bando contrario efectuase o seu propio recoñecemento. Tamén se usarían para atacar obxectivos en terra, localizados tras as liñas inimigas, alí onde os soldados non podían chegar.. Para iso, os enxeñeiros dotaron aos avións  con bombas e explosivos, que deixarían caer sobre as súas víctimas. Nacían así as misións de bombardeo.




aviador.jpg

FONTES DE INFORMACIÓN:

A RADIO


Durante a Primeira Guerra Mundial a radio mellorou notablemente.  Deste modo, Edwin Armstrong, un inventor americano, contribuíu de forma eficaz ao progreso da radio.

Foron ampliamente utilizados. Os exércitos combatentes utilizaban dispositivos móviles capaces de transmitir e recibir código Morse, pero eran voluminosos, a miúdo  demasiado fráxiles e tiñan un alcance moi limitado. As radios foron moito máis utilizadas na mar, onde permitiron que os barcos e submarinos se comunicaran entre sí e recibiran ordes dende as súas bases en terra. Os avances tecnolóxicos durante a guerra comezaron a permitir que os barcos determinaran a ubicación das naves inimigas usando as súas transmisións. Durante a guerra, o Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía desenvolveu un sistema de localización prototipo utilizado pola Armada de EE. UU.






 FONTES DE INFORMACIÓN:

O LANZACHAMAS


Un lanzachamas é un sistema mecánico deseñado para proxectar un fluído de lume prolongado e controlable.
lanzallamas.jpg

O lanzachamas utilizado polo exército británico durante a Primeira Guerra Mundial, era capaz de abrasar e escupir chamas ata a 40 metros de distancia. O primeiro uso do lanzachamas na Primera Guerra Mundial tivo lugar durante a Batalla de Verdún, o 26 de febreiro de 1916.


Durante a Primeira Guerra Mundial utilizaronse só catro destes lanzachamas experimentales. Dous deles foron destruídos na Batalla do Somme, en 1916, e os outros dous utilizáronse durante a guerra preto da cidade belga de Diksmuide.  Foi unha das armas máis efectivas do momento: as baixas británicas nesa zona remataron  sendo relativamente baixas en comparación con outros sectores.

22.jpg

FONTES DE INFORMACIÓN: