lunes, 5 de junio de 2017

LÁMPADAS MÉDICAS


No inverno que marcaba o remate da Gran Guerra, e dicir, o de 1918 se estimaba que a metade dos rapaces de Berlín sufrían unha enfermidade denominada raquitismo que produce que os osos se fagan moi brandos e rematen por deformarse. O doutor Kurt Huldschinsky foi o que conseguiu unha solución para esta enfermidade sometendo a catro dos seus pacientes infantís a lámpadas de cuarzo e mercurio que emitían luz ultravioleta para ver se así podía diminuir un pouco a palidez que estes sufrían. Co paso do tempo o doutor Huldschinsky notou que os osos dos seus pacientes comezaban a facerse máis fortes grazas á luz que emitían esas lámpadas e á luz solar que lles facía captar durante o verán.


                                                                                         

Pouco a pouco a súa práctica comezou a levarse a cabo con moitos máis nenos en toda Alemaña ata que á fin emitiuse unha teoría que explicaba que a vitamina D é fundamental para o desenvolvemento do oso con calcio, vitamina a cal produce a enerxía solar e a que estimula a radiación ultravioleta.

FONTES DE INFORMACIÓN:













No hay comentarios:

Publicar un comentario